Saia de raias

As raias de cores son unha das tendencias deste verán... o arco da vella está por todas partes! Desde a primavera as tendas ateigáronse de prendas coloridas perfectas para levantarlle o ánimo a calquera. Hoxe, a estrela do estilismo é a saia de Stradivarius, cómoda e actual a partes iguais. Combinei esta saia cunha camisa básica en beis de Mango. As sandalias, que xa me vistes noutras ocasións, son de Coolway e o bolso é de Guess, un básico que merquei nas rebaixas e ao que de seguro lle hei de tirar moito proveito.
                  


Finalizo a proposta coas lentes octogonais de Ray-ban, o meu novo complemento preferido! De aquí en diante veremos moito aquelas lentes de sol mínimas que tanto se levaban nos anos noventa, así que decidín facerme con estas porque están a medio camiño, xa que as propostas de Vogue e outras marcas asequibles eran demasiado minimal para o meu gusto.


Non podo esquecer os aros en dourado de Bimba y Lola que se converteron nun dos meus complemento básicos para este verán.

Un bico grande e felices vacacións!!



Silvia