Novo vestido de Muñeca de Trapo

                         
Ola! Hoxe repito proposta cun novo vestido de Muñeca de Trapo semellante ao que me vistes nestoutra ocasión. O de hoxe é de raias en verde e, como xa sabedes, este tipo de patróns están moi de moda esta tempada... de feito, teño que dicir que case me gustaban máis hai un par de meses que agora, porque están por todas partes!

                                          
                 
                 
O mellor deste estilismo coido que é a combinación coas zapatillas básicas de Camper que fican fenomenal e mais as lentes Ray-Ban octogonais coa montura dourada. Para pechala, estreei o minibolso de Guess en dourado, da colección de verán, que se converterá nun básico para os estilismos da fin de semana.
                
   

Bicos grandes

Silvia