Rosa

A proposta de hoxe ten como base unha das miñas cores favoritas! Adoro esta cor, especialmente cando se achega ao fucsia e mesmo en varias ocasións combino tons diferentes dela.








Todo comeza polo pantalón, este básico de Bershka foi un dos meus aliados na primavera; en realidade é o pantalón dun traxe monocor que pusen aló polo comezo da tempada mais do que axiña me fartei porque non me adoitan gustar os estilismos monocromáticos. Combino o pantalón cunha camisola básica de Mango do ano pasado e cunhas sandalias de Dr. Martens que me gustaron nada máis comezaron a aparecer as propostas do verán, non só porque son moi cómodas e teñen plataforma, senón tamén porque a cor metalizada, para alén de ser tendencia, é perfecta para os outfits máis informais.



Finalicei a proposta cunha gabardina lixeira de H&M en rosa pastel que resulta comodísima para eses días do verán galego en que refresca.




Ademais, como vedes, deume por cortar o pelo e estou encantada! Xa hai un tempiño que lle daba voltas porque tiña ganas de ter un corte máis práctico e conseguino grazas a Peluquería Xabela. Grazas de novo!


Agardo que vos gustase e un bico grande!

Silvia