Vestido de Muñeca de Trapo

Ola! Por fin estamos no verán e parece que chegou de verdade! Por iso non puiden agardar máis para estrear este vestido de Muñeca de Trapo que me regalaron polo aniversario. A peza é tendencia total e moi cómoda, e a cor azul bebé é outra das apostas seguras para este verán.

                   
Muñeca de Trapo é unha pequena tenda que naceu en Sanxenxo e que agora tamén ten local na Coruña, non só ten unhas tendas preciosas senón que está claro que a súa liña de roupa se diferencia doutras e ten pezas moi femininas e que apostan polas cores pastel. Gustoume tanto o corte que xa merquei outro de raias que vos hei de ensinar noutra ocasión.

                      
                     

                     

Combinei o vestido cunhas sandalias, tamén de tendencia, de Coolway, en cor beis e mais un bolso de David Delfín da colección Forever, que realizou en homenaxe á sua querida Bimba Bosé. O certo é que teño varios bolsos de David Delfín e son dos que máis adoro, mais polo momento, un ano despois da morte do deseñador, non sabemos cando volverá a marca, que, polo momento, segue de loito.



Canto ás lentes de sol estampadas de Dolce&Gabbana son o complemento perfecto para pechar unha proposta monocolor.

               

Agardo que vos gustase o estilismo!

Un bico grande.

Silvia