Vestido estampado de Monki


Xa vos teño falado de Monki, unha marca inglesa que adoro e que ten prendas moi orixinais. Este vestido tipo camisola é unha desas prendas, cun estampado de plena tendencia é un dos meus básicos para esta primavera, non só pola súa comodidade, senón tamén pola orixinalidade. Combinei o vestido coa gabardina fluída de antelina de Zara, unhas zapatillas en branco básicas de Camper, a mochila peluda en rosa de Claudia Cánova e as lentes Clubaround de Ray-ban en branco.

Agardo que vos guste! Para min é unha das propostas da tempada!