Vestido de Kling

Os vestidos longos son un básico para as que adoitamos ir cómodas e se son tipo camiseiro e co estampado tendencia da tempada aínda nos gustan máis. Este en azul mariño e de raias é da nova tempada de Kling e dun tecido fresquiño perfecto para esta primavera. Combineino cunha mochila no mesmo ton de Tommy Hilfiger para Gigi Hadid e as zapatillas Climacool de Adidas en burdeos. Lembrade que agora as zapatillas combinan con todo, e son unha aposta perfecta para actualizar calquera estilismo!


Silvia