Cando os complementos son a chave


Xa hai un tempiño que as tendencias se aliaron para nos facer felices a aquelas que nos gusta a comidade. Hoxe en día ir en zapatillas todos os días non só é unha opción cómoda e práctica senón que actualiza calquera estilismo por formal que sexa. De feito, a proposta que traio hoxe logo de tanto tempo (cando se anda con demasiadas cousas pasan estas cousas xD) é completamente informal e casual mais cos tempos de corren ben podería ser perfecta para calquera ocasión.
                           

                                  

                               

                              

Recoñezo que desta volta comeceu o outfit polos complementos. Hai un par de meses merquei estas zapatillas Adidas e o bolso de Bimba e Lola coa clara intención de os combinar; se ben é certo que non é para nada unha norma e eu nunca adoito facelo, coido que desta volta dei cunha combinación que non só pola cor, senón tamén polas texturas, é perfecta para o día a día, e aínda que ao principio era un pouco escéptica co bolso porque case que resultaba demasiado básico, a fin de contas é unha das melloras compras dos últimos meses porque me saca de moitos apuros neses días en que non teño moitas ganas de lle dar unha volta ao estilismo.

O resto das pezas son prendas de tempada e cun punto de tendencia. De seguro que vistes estes inverno cazadoras nesta liña en moitas coleccións; a miña é de Pull&Bear e o certo é que lle tirei moito proveito porque combina moi ben. Os pantalóns cun punto deportivo xa son avance do que vén na primavera, estes son de Mango e sentan fenomenal. En último lugar, cómpre facer mención a esa prenda un chisco máis especial que sempre me gusta engadir nos estilismos máis discretos, o xersei. Este xersei estampado en branco e negro é de Monki, unha marca inglesa que adoro pola súa orixinalidade e que vos recomendo sen dúbida ningunha.


Até a próxima!

Moitos bicos!

Silvia