Prendas metalizadas


As prendas metalizadas están a causar auténtico furor esta tempada e as que adoramos esta tendencia estamos encantadas. Cando comecei a ver os plumas en dourado e prateado emocioneime porque por fin atopaba prendas que adoraba super actuais e obviamente non me puiden resistir. Super quentiños e molóns a partes iguais, os plumíferos metalizados son unha das mellores opcións para esta tempada! En concreto, nesta proposta levo un de Mango mais o certo é que hai en diferentes marcas propostas moi similares.
                               
Desta volta, e cunha prenda tan especial, optei por un estilismo ben cómodo e que define o meu estilo á perfección. Os pantalóns anchos e co baixo desfiañado son de Mango e unha opción perfecta para o día a día. Finalmente, combinei a proposta cunha camisa de Kling e unha botas en prata Dr. Martens que me trouxo o apalpador! Que sorte tiven!
                               
                               

Mil bicos e que teñades un 2018 estupendo! ;)
 Silvia