Abrigo de peluxe

Os abrigos de peluxe e tipo yeti son unha clara tendencia este inverno, quentiños e cómodos a partes iguais non son aptas para os estilismos discretos. O que levo hoxe é de Zara e coido que a cor beis lle dá o punto de discreción que precisa unha prenda destas características. Nas tendas hai múltiples opcións para levar esta tendencia que en Galiza podemos seguir mesmo antes do inverno porque como dicimos aquí "vai un frío de carallo" xD.
                           
                            
Combinei o abrigo cun pantalón de cadros de Pull&Bear que adoro e cunha blusa básica en negro de Stradivarius. As botas de tipo militar merqueinas nunha tendiña de Niza este verán.
          
                   

Agardo que vos gustase a proposta. Mil bicos e boa ponte!

Silvia