Básicos para este tempo: xerseis de colo alto

Adoro os xerseis de colo alto e como son moi frioleira non dubido en levalos xa no outono! Esta nova tempada xa me fixen con varios que adoro, mais un dos que máis me gusta é este en cor salmón de Boohoo. O certo é que a primeira vez que merquei neste tenda inglesa en liña mais hei de repetir seguro.


Combinei o xersei con outra das tendencias máis destacadas neste outono, os vaqueiros con bordados de flores. Este en concreto é de Mango, ten o baixo desfiañado e ademais é amplo, tal e como veñen ditando as tendencias dun tempo para aquí. Se ben é certo que fun unha grande seareira dos pantalóns axustados, desde hai varias tempadas comecei a desterralos e coido que os pantalóns amplos son máis estilosos .
Unha parte importante deste outfit son os complementos, a comezar polas lentes retro de Rayban e a seguir pola mochila peluda de Claudia Canova, unha deseñadora brasileira de complementos que coñecín a través de Asos e cuxas mochilas me encantaron desde o primeiro momento. Non menos importante que a mochila é a ovella peluda que a complementa e que merquei nunha tendiña de Mónaco. Rematei a proposta cunhas zapatillas básicas de Reebook que son totalmente imprescindibles para calquera estilismo informal.
Agardo que vos gustase a proposta e mil bicos!

Grazas por seguirdes aí ;)

Silvia