Rosa bebé

Adoro as cores pastel, e coido que duns anos para aquí volveron con moita forza e son perfectas para darlle un punto de feminidade e delicadeza a calquera estilismo. O protagonista deste outfit é a cor rosa bebé que combinei na gabardina, o calzado e a camisola. O certo é que non son moito de combinar as prendas mais o resultado de hoxe encantoume!
Coido que hai varias pezas potentes nesta proposta, mais de ter que escoller as zapatillas de Muñeca de Trapo rematan o estilismo dun xeito perfecto que contrasta coa saia de coiro de Tintoretto, e o seu punto rockeiro que tanto me gusta. A gabardina como peza básica para este tempo compleméntase cunha camisola no mesmo ton de Pull&Bear.
Finalizo o estilismo co bolso de Compañía Fantástica que merquei en Trendy e unhas clásicas Ray-Ban con cristais de espello en rosa.
Bicos grandes e gozade da ponte!