Pezas de entretempo

A gabardina é unha peza chave do outono, se é ben certo que este outono non está sendo moi chuvioso, desde hai varias tempadas están de moda as gabardinas fluídas en novos tecidos máis aptas para estas temperaturas. En concreto, esta negra de antelina de Zara é unha peza super cómoda e moi combinable con diversos estilismos, ademais, ten un punto grunge que me encanta.
Máis unha tendencia da que xa falei na entrada anterior son os cadros, daquela volta os chamados cadros príncipe de Gales, e desta volta, os chamados cadros tartán en vermello, un clásico de todos os tempos asociado tradicionalmente a Escocia. O vestido de cadros tartán é de Primark e ten as mangas acampadas con varios detalles especiais.


As botas por riba dos xeonllos son de Stradivarius e as medias de enreixado, neste caso de Tezenis, chegaron na pasada tempada para non nos abandonar máis. Pechei a proposta cun dos meus bolsos favoritos, o de Kling, un diadema de veludo en negro, un complemento de plena tendencia, e mais os lentes de Ray-Ban.



Bicos grandes!

Silvia