Vestido transparente de tul

O vestido de moda desta tempada foi o de tul transparente e superposto, é dicir, por riba da roupa, porque un vestido así sempre achega un movemento que sería imposible acadar con outra combinación.



Se ben é certo que moitas das combinacións que vin nas tendas no primeiro momento me resultaban imposibles de levar, esta proposta de hoxe, co vestido de Mango, é bastante "minimal" porque é un vestido básico negro que leva incorporado o tul por enriba e que fai que o resultado sexa un vestido do máis especial.

Combinei o vestido cunha chaqueta tipo quimono básica de Stradivarius, que é moi fresquiña e vai perfecta para este tempo.
As lentes son de Uterque, de hai un par de anos, e as sandalias de estilo étnico son de Merkal.

Aquí tendes o vestido máis en detalle e onde se pode apreciar que o tul é de plumetti, de flores e ideal cun punto divertido.

Que vos parece esta tendencia? Xa a levastes nalgún estilismo? A min encántame, mais recoñezo que nesta versión máis "clásica".

Un bico ben ben grande!

Grazas por seguirdes do outro lado!;)

Silvia