Vestido de Rominaconencarna

Rominaconencarna é unha marca de dúas novas deseñadoras de roupa e complementos que fan roupa moi molona! Coñecina a través de Hoja de Lata, unha tenda monfortina que vende roupa de diversas marcas e que vos recomendo! O estilismo de hoxe é ben sinxelo porque cando un vestido é tan especial non precisa máis nada!!
O vestido de Rominaconencarna ten varias das personaxes do mundo de Popeye e non podía ser máis colorido! Nada máis o vin souben que o necesitaba porque era perfecto para o meu estilo! Adoro calquera estampado que teña a ver con debuxos animados, de aí que namorase a primeira vista desta peza. Combineino cunhas sandalias negras básicas de Topshop e lentes de espello de Ray-ban.

E máis nada por hoxe! Agardo que vos gustase tanto coma a min esta proposta! Un bico ben ben grande!

Silvia


Publicacións populares