Proposta ideal dunha moza estilosa

Este domingo comezamos cunha colaboración moi especial. Xa sabedes que en Ás voltas coa moda adoramos a diversidade e estamos encantadas de que participe quen quixer, así que hoxe tivemos a sorte de contar cunha moza arteixá ben estilosa á que a preñez lle senta fantasticamente! Non podía faltar Gali, o seu can, que demostrou ser todo un modelo ao que a paxarela lle fica perfecta! Nin que fose feita a medida!


A verdade, cando unha modelo ten tanto estilo pouco máis hai que dicir, calquera estilismo fica fenomenal e moito máis aínda combinado con esas tatuaxes que completan calquera outfit á perfección.
                                 

                                
                               
                                 
Raquel leva un vestido de Pepaloves en azul mariño ideal para o verán e que combina coa paxarela do Gali... podía haber un conxunto máis perfecto? Este vestido é marabilloso para mozas preñadas, coma ela, pola comodidade que supón para eses días tan calorosos, ademais, como podedes ver nas costas, o detalle do lazo é do máis estiloso e converte un básico nunha prenda especial.





As fanequeiras de Eferro completan unha proposta á que os calcetíns de Oysho lle dan, sen dúbida, un punto trangresor, moi propio dela, e que fan que o estilismo sexa moderno e alternativo.
             
Raquel pecha o estilismo de xeito inmellorable con esta coroa de flores que tan me moda está e que lle pon o broche de ouro a un outfit que adoro e que destaca pola súa comodidade e orixinalidade a partes iguais.

Mil grazas á modelo e ao modelo e agardo que vos gustase esta proposta! Lembrade que os complementos son, en moitas ocasións, o máis importante... e este estilismo é un bo exemplo! 

Moitos bicos!

Silvia