Cazadora vaqueira con perlas


Non son unha grande seareira das perlas, mais a combinación do vaqueiro coas rachadelas e a cor caqui fixo que namorara desta cazadora. Ademais, as cazadoras vaqueiras longas non só están en plena tendencia, senón que estilizan moito, sempre que non sexan demasiado amplas, por suposto. O caso é que esta cazadora de Cocó, en concreto da tenda de Sanxenxo, foi todo un frechazo!


Complementei unha peza tan especial cun vestido branco con certo aire ibicenco de Collet, outra das miñas paradas imprescindibles sempre que visito a vila. O detalle de puntilla das mangas é perfecto!


As zapatillas de Gioseppo son comodísimas e fresquiñas e danlle un punto deportivo ao estilismo. Rematei o outfit cos lentes de Ray-ban, o modelo Clubaround en branco.


 Até máis vernos! Grazas por seguirdes do outro lado! Un bico ben grande!

Silvia

Publicacións populares