Cor

Ola! Hoxe veño cun estilismo que adoro e cunha das miñas prendas favoritas! Esta blusa de South Park merqueina en Bambi Hereza, unha pequena tenda situada no madrileño barrio de La Latina que será parada obrigada para min a partir de agora. Nada máis a vin souben que a adoraría pola comodidade, frescura e orixinalidade a partes iguais.
Sempre digo que cando levas unha prenda tan especial non hai que exaxerar o resto dos complementos por iso optei por uns pantalóns vaqueiros básicos rachados de Mango e as sandalias de plataforma de Vagabond. 
Remato a proposta cunhas lentes de espello de veludo vermello que merquei hai xa varios anos nunha tendiña en Barcelona.
Agardo que vos guste! Que teñades unha feliz fin de semana!

Mil bicos!!!!
Silvia

Publicacións populares