Básicos de verán

Ola! Como vai ese mes de xuño? Xa estades a lle dar voltas a esas propostas de verán? Eu adoro esta estación, porque menos é máis! Habitualmente adoito vestir moi cómoda porque vou a mil sitios e nunca sabes como acabará o día!


Se tivese que escoller un "uniforme" para o verán sería o de hoxe. Se ben é certo que en moitas ocasións poño zapatillas de deporte, desta volta cadroulle e puxen sandalias, mais se son cómodas, coma estas, serven perfectamente para as aventuras do verán!

                                  

O vaqueiro curto é unha aposta segura, este desgastado e desfiañado é de Pull&Bear e resulta comodísimo porque é amplo, porque se hai algo que odio son os pantalóns vaqueiros curtos e cinguidos. Combineino cunha camisola básica en cor salmón tamén da mesma tenda, que é extralonga e que aproveito para lle facer un nó e darlle un ar máis de verán e desenfadado.



A peza chave desta proposta é unha versátil camisa longa vaqueira, tamén con efecto desgastado, de H&M, que resulta cómoda e estilosa a partes iguais para cando se vai achegando a noite.


Remato o estilismo cunha sandalias de ante  de Diechmann e unha mochila en fucsia de Parfois que me agasallaron polo meu aniversario e que será a miña compañeira inseparable nos vindeiros meses.


 Agardo que vos gustase a proposta de hoxe!

Mil bicos!

Silvia