Saia de leopardo

O estampado de animais salvaxes é unha constante na moda, sempre vai e vén e parece que nunca nos deixa. Hai quen o adora e quen o odia. Eu son do primeiro grupo mais, sempre, por suposto, na súa xusta medida. Unha peza con este estampado é tan potente que cómpre rebaixar o resto do estilismo, por iso hoxe decidín combinar a saia plisada con negro e vaqueiro.


As saias plisadas son tendencia desde o pasado verán, veñen do pasado para renovar o noso roupeiro e son unha prenda versátil e imprescindible nesta tempada. A súa comodidade fainas perfectas para os outfits máis relaxados, especialmente as que, como esta de Bershka son midi e cun chisco de voo.

Desta volta combinei a saia cunha blusa básica negra de Stradivarius e unha cazadora vaqueira de Blanco que que mesma personalicei con parches xa hai un tempo. Aproveitei para estrear estas sandalias negras de Topshop que puxen co bolso beis de Compañía fantástica.




Os pendentes son de C&A e o colgante merqueino o ano pasado nun postiño da Feira Medieval da Coruña.



Agardo que vos gustase o estilismo e os vosos comentarios! Mil bicos!
Silvia