Proposta casual

Ola! Canto tempo sen pasar por aquí! A primavera agasalloume cun catarrazo que me deixou na casa durante varias semanas mais parece que todo volve á normalidade e podo volver traervos propostas de primavera! :)



O estilismo de hoxe é unha proposta casual na que domina o vaqueiro actualizado, por unha banda, o pantalón desfiañado de Mango e coas estrelas é tendencia total, e, por outra, esa chaqueta vaqueira de Bershka en cor rosa bebé que vai ser un hit desta tempada, está en todas as tendas e con distintas versións.




Combinei a chaqueta cunhas zapatillas con lazo no mesmo ton de Muñeca de Trapo. A camisa branca con volantes é xa un básico das novas tendencias e é de H&M. O bolso de Compañía Fantástica xa mo vistes aquí.



Eis unha outra foto das miñas novas mechas, que puxen en Peluquería Xabela e que adoro! Que vos parecen?
O vaqueiro sempre dá lugar a unha combinación perfecta para unha proposta casual, non pensades?

Moitos bicos e boa fin de semana!!!!!!!

Silvia

Publicacións populares