Vestido lenceiro

Unha das tendencias dos noventa que volveu con moita forza son os vestidos lenceiros. A versión clásica con tirantes finos é a que ateiga as pasarelas desde o ano pasado, en moitos casos con camisetas básicas por baixo que fan esta proposta apta para o tempo máis frío. Aínda así, eu non son moito de escotes, así que cando vin esta versión de Asos, dunha prenda que versiona a tendencia lenceira nunha camisola cun punto rockeiro decidín que ía ser unha prenda imprescindible para esta tempada.

              


                                
Unha prenda así de cómoda é moi doada de combinar! Desta volta optei por unhas zapatillas en cor beis de Zara, a mochila de coiro de negro de Claudia Cánova e  que tamén merquei en Asos e as lentes de sol son de Marc Jacobs.



 Desta volta busquei unha prenda que adaptase varias tendencias ao meu estilo e dei con ela! Recoñezo que Asos é unha das miñas tendas en liña favoritas e que esta tempada ten unha colección que adoro!

Cal é a vosa tendencia favorita desta nova tempada? Xa escollestes!

Bicos grandes!

Silvia

Publicacións populares