Tendencia: suadoiro longo


O suadoiro longo é unha das miñas tendencias preferidas para esta primavera. Cómodo e actual a partes igual combina á perfección, en función dos complementos, para diversas ocasións.

Este é de H&M e tanto me gustou que o teño tamén en gris! Adóroo para o día a día mais recoñezo que tamén o utilizo nas fins de semana con complementos máis "festivos".



Desta volta combineino cunhas deportivas no mesmo ton de Zara, medias en gris de Primark, bolso de Minueto con chaveiro de Paco Martínez e lentes de sol de Marc Jacobs.


Vós xa vos rendestes a algunha das tendencias da primavera? É inevitable, non si?

Moitos bicos!

Silvia