Día de choiva

Logo duns días de sol, a choiva volveu e xa que o frío remitiu podemos tirar das gabardinas como pezas fundamentais para construír propostas para os días de choiva. A gabardina é unha peza chave dos nosos roupeiros e aínda que se adapta ás tendencias, un modelo clásico, que lembre ao inventado por Thomas Burberry aló por 1880, nunca pasa de moda. En todo caso, non podemos esquecer que a prenda se puxo de moda especialmente nos anos 1930 e 1940 da man de moitos actores de Holywood no papel de gánster, mais que con posterioridade se estendeu para toda a poboación e a día de hoxe é o símbolo da casa de moda británica.






Este modelo que ten pezas de polipel é de Zara, e combineino coas botas por riba do xeonllo de Stradivarius, un outro imprescidible para os días de máis choiva do inverno galego. 


O broche de ouro do estilismo é este vestido de raias tamén de Zara, cun punto da tendencia dos anos sesenta, que é unha aposta segura para combinar coa gabardina  e que dá como resultado un outfit cómodo e perfecto para un día de choiva.

Moitos bicos e feliz semana!

Silvia