Abrigo de tendencia

Xa hai anos que o vaqueiro volveu para quedarse. Desde ese momento a tendencia é indiscutible e este ano veu transformada en abrigos longos con forro de peluxe. A adaptación do abrigo vaqueiro para o inverno tardou en me conquistar mais ao final, antes case de me decatara, tiña este abrigo de Zara no roupeiro e forma parte dos meus estilismos diarios máis quentiños e casuais!


Son seareira absoluta dos abrigos longos... cada vez me gustan máis, e para as que sempre temos frío son a opción máis atinada, ademais, este con petos é comodísimo para o día a día.

A proposta de hoxe ten dúas pezas chave, unha delas o abrigo, e outra delas as botas por riba do xeonllo de Stradivarius. Este tipo de botas, chamada mosqueteiras, tamén son unha das tendencias máis punteiras deste inverno. Aínda que a primeira vista poderían parecer un calzado non apto para calquera, eu recomendaríavolas encarecidamente porque,especialmente con saias e vestidos, danlle un punto de estilo a calquera outfit, para alén disto, ao seren planas, son perfectas para os estilismos diarios.





O resto da proposta é do máis básico, unha camisa negra de Stradivarius e unha saia de neopreno en cor carne que xa merquei hai uns cantos anos en Jockey, outra das miñas tendas favoritas de Sanxenxo. Tampouco podía faltar a miña mochila todoterreo negra de Claudia Cardinale, que merquei en Asos, co pompón colorido de Stradivarius e os pendentes de Viceroy.



E ata aquí por hoxe! Agardo que vos gustase esta nova proposta e que me deixedes os vosos comentarios.

Moitos bicos desde Betanzos!

Silvia