A la, perfecta para inverno



Se hai un tecido por excelencia para o inverno é a la, por iso cando vin esta chaqueta de Amitié souben que sería unha peza chave de moitos dos meus estilismos invernais. Se hai unha característica que me namorou desta peza foi o seu longo, porque as chaquetas e os abrigos longos son perfectos para un inverno tan frío como o que estamos tend. Pouco habería que dicir do estampado, que, como podedes ver, é ideal para animar calquera estilismo.



Cunha peza tan importante, o resto da proposta case son complementos, por iso optei por un xersei de colo alto en cor óso de H&M, combinado cunha saia de polipel tamén de H&M e as botas de Stradivarius para completar un outfit quentiño e casual.



Os pendentes son de Viceroy e a nova cor das puntas da perrucaría Xabela de Betanzos, que xa había que cambiar un pouco :).

Agardo que vos gustase a proposta de hoxe e moitos bicos para tod@s!

Silvia