Trenca masculina

O abrigo clásico inglés, a trenca, sempre é unha aposta segura para os estilismos máis clásicos. É perfecta tanto para home como para muller, e este modelo de Zara que leva Iván non só demostra que hai prendas sen xénero, senón que o granate tamén é a cor de moda nas tendencias masculinas. Esta peza é un exemplo que reúne varias tendencias grazas, tamén, aos múltiples parches que tan de moda están.

A combinación máis comoda para esta trenca granate son uns vaqueiros axustados de Green Coast e mais unha camisa de flanela de en gris de C&A. Remata o outfit cunhas zapatillas básicas de Reebok.

Esta proposta para home é perfecta para un plan informal, mais a trenca é perfecta para calquera ocasión!

Moitos bicos e feliz lectura!

Silvia

Publicacións populares