Series con moito estilo: The Royals

The Royals é unha serie americana sobre a familia real británica. A serie céntrase nas turbias historias que sempre arrodean a monarquía mais ten de fondo a importancia da moda e como esta define a cada un dos que forman parte da familia real. O certo é que case poderiamos dicir que é unha combinación de Gossip Girl e Downton Abbey que leva ás costas xa tres tempadas.




As personaxes desta serie son todo un filón para os deseñadores, as referencias a algúns como Alexander McQueen son constantes, e o estilismo inglés cun punto exaxerado e extravagante  é representado á perfección por JakeMaskall.

A raíña Elenor é interpretada maxistralmente por Elizabeth Hurley, mais hoxe centrareime nunha outra personaxe que adoro porque ten un estilo moi dark, e cun punto rock, punk e de rebeldía moi claro que define é perfección a personaxe da princesa Eleonor interpretada por Alexandra Park. O seu estilo non só entra en clara contraposición coa imaxe que proxecta a familia real británica historicamente, senón que ten unha clara intención de provocación a todo o que agardan dela como princesa que demostra a través de perfectos outfits.


Eis tendes algúns exemplos que vos farán adorar a Eleanor tanto coma a min, cada tempada mellora e eu xa estou á espera da cuarta ;P.















Princesa dos excesos e dos reais estilismos rompedores... ela é Eleanor Henstridge!

Un bico ben grande e moi feliz ano!!!!

Silvia

Publicacións populares