Saia longa de lá

Adoro as saias e os vestidos longos... non é que sexan unha tendencia desta tempada, xa que o que realmente está petando forte é o “midi”, mais a min sempre me gustaron e recoñezo que só sigo as tendencias como e cando me gustan e me convencen, e hai outras propostas que forman parte do estilo persoal de cada quen e van máis aló das modas que ditan as pasarelas.


A saia de hoxe é de Cortefiel e merqueina na tenda que había no C.C. Espacio Coruña pouco antes de pechar, xa sabedes que o da especulación e os centros comercias na cidade da Coruña está sendo unha desfeita, así que non é nada raro que pechen tendas e liquiden continuamente. Nada máis a vin, pensei... esta saia quentiña é perfecta para o  inverno galego! E aínda que podería parecer difícil de combinar, non o é para nada, porque a cor si que é tendencia e vai ben con todo!




O día de Reis o bo tempo acompañaba e o certo é que o abrigo sobraba, así que combinei a saia cunha perfecta de coiro e ante de Mango que xa é velliña mais que adoro. Canto á camisa de Stradivarius, con cadros en vermello e cun detalle de pedrería no colo, é moi axeitada para calquera ocasión nestas festas.





Rematan o estilismo as botas tipo militar en charol de Creeks e mais a mochila de Claudia Canova que merquei nas rebaixas de Asos, un básico perfecto e cómodo que vai ben con todo! As lentes en veludo vermello son de Topshop e danlle o punto colorido ao outfit.



Agardo que vos gustase e os vosos comentarios! Un bico ben grande!

Silvia

Publicacións populares