Series con moito estilo: Empire

Ola! Hoxe comezo unha nova sección relacionada cunha outra das miñas paixóns: as propostas de moda das series de television! Os estilismos e as e os estilistas e deseñadores xogan un papel fundamental para nos facer crer as personaxes e, nalgúns casos, como o da serie da que vos falarei hoxe, diría que un papel central que reflicte á perfección o estilo de vida dos e das protagonistas e como se expresan a través da moda.

Empire é unha serie americana que se retransmite na Fox, no caso de España podédela ver en Fox Life. Centra a súa trama na compañía de música hip hop Empire Entertainment e todos os dramas da familia fundadora, as loitas de poder, as traizóns, o amor, a paixón, a música e.... a moda. Vai pola terceira tempada e  Rita McGhee, a estilista, sempre dá no cravo cos outfits máis rompedores para esta "familia real" do imperio do hip hop.

Unha das personaxes principais é Cookie Lyon, interpretada á perfección por Taraji P. Henson, e cuxos estilismos son tan impresionantes como excesivos, porque ela, a fundadora do imperio, é a máxima representante da opulencia e do estilo de vida dos Lyon. Por iso, hoxe non podería comezar doutro xeito, e déixovos algúns dos seus estilismos máis impresionantes, en vindeiras entregas repasarei o estilo de Lucious, Hakeem, Jamal, Tiana ou Becky!


















É unha pasada ou non o estilo de Cookie Lyon? Eu adóroa e se vos gusta a música coma a min tendes un outro motivo para ver esta serie! Recomendadísima!

Un bico moi moi grande!

Silvia