Cazadora con parches e carapucha peluda

Ola! Coa chegada do inverno podemos botar máis desas prendas máis abrigosas e peludas que tanto nos gustan mais que temos aparcadas ata que veña o frío de verdade. Que marabilla, adóroas! É o caso da cazadora de hoxe, cun forro peludo e ben quentiño, perfecto para esta estación. Teño que dicir que namorei dela nada máis vela, e aínda que xa máis que unha novidade é, desde hai uns meses, un clásico, este modelo de Zara reúne varias das tendencias da tempada, tanto polos múltiples parches como pola cor e a carapucha con peluxe.


Se houbese un complemento preferido ese sería o pucho de la, e se lle sumamos que ten unhas orellas xa é o complemento perfecto para alegrar calquera estilismo! Este é de C&A e combineino coas lentes de sol Clubaround de Ray-Ban en branco e coido que fica fenomenal!


Os pantalóns acampanados vaqueiros en negro de H&M, e os botíns de ante, en negro tamén, de Creeks, rematan unha proposta perfecta para un domingo informal. Ah! Tampouco podía falta un xersei quentiño nun gris perfecto para o inverno, de H&M, e mais un suadoiro “crop” de Primark a xogo.












Agardo que vos gustase esta nova proposta e que me contedes se xa tendes unha das cazadoras da tempada!

Mil bicos e grazas por seguirdes aí!

E MOI BO NADAL!