Camisa de gatos

As tendencias actuais déronlle unha volta de porca ao estampado animal e ademais de ateigaren as prendas de estampados que simulan a pel dos animais, este ano temos prendas con estampado dos propios animais, como é o caso desta blusa. Os gatos, os cans ou os cisnes alegran calquera prenda para dar lugar aos máis estilosos e orixinais outfits desta tempada.

Este blusón en negro e con gatiños é de Muñeca de Trapo, unha das tendas que máis me gustan de Sanxenxo e da que xa vos teño falado noutras ocasións. As prendas anchas non só son perfectas para disimular todo aquilo que non nos gusta senón que son super actuais e comódas, e se queremos marcar a cintura o truco é tan doado como poñermos un cinto, tal e como fixen eu con este que imita a pel dun crocodilo.
                 

                  

O certo é que o estilismo comezou pola minisaia. Tiñas ganas de pór esta peza metalizada de Pull&Bear para o día, mais cando unha prenda é tan especial debemos "rebaixala" cunha outra máis informal e, neste caso, máis ampla. O resultado coido que é perfecto porque contrasta e fai moi poñible unha prenda que, a priori, poderiamos pensar que é só apta para ir de festa.
                     

                      
                       

Finalicei a proposta cun abrigo amplo e quentiño de Sfera que xa é do ano pasado e teño usado en mil ocasións, o bolso de Compañía Fantástica que merquei en Trendy, botíns de ante negro de Creeks e lentes de sol de Uterqüe.






 Agardo que vos gustase a proposta de hoxe e... sede moi felices nestas festas e sempre!

Bicos desde Betanzos!!!

Silvia