Vestido básico negro cun punto de tendencia

O famoso LBD (little black dress) vén a ser como ese vestido negro que deberiamos ter no roupeiro e que cadra perfecto nas ocasións máis formais. É certo que se ben un vestido negro fica á perfección combinado cos complementos axeitados, o que levo hoxe de H&M é aínda máis especial porque incorpora a tendencia dos volantes.
  

                     

As mangas longas e o colo alto nun vestido son un plus, especialmente nas noites máis frías. De feito na miña cabeciña non colle como en pleno inverno as tendas están ateigadas  de vestidos de noite sen mangas e con escote co frío que vai!BRRR!😁😁😁

 

A combinación para un vestido negro é ben doada! Desta volta puxen o abrigo longo vermello de Zara, mais lembrade que sempre que levedes prendas discretas por baixo é o momento de aproveitar e usar aqueles, abrigos, parkas ou chaquetas estampada que tanto nos gustan mais son tan difíciles de combinar, de aí que unha outra boa opción sería o abrigo de cadros que tamén é tendencia e que xa me vistes na anterior entrada.


As medias de enreixado volven con forza esta tempada e dan un punto transgresor a un estilismo que podería parecer moi formal, de aí que reforzase este complemento cos botíns de ante negro con chatolas de Sprinfield.



O broche do outfit son os pendentes, todos minimal, de brillantiños e de C&A. Levo oito porque a simetría, tamén nas orellas, é algo que me encanta! Cada quen é como é, non si?


Os vestidos negros poden ser unha opción doada para atinar nunha ocasión formal, e serán os complementos ou os detalles da propia peza, coma neste caso, os que dean lugar a un estilismo máis especial e diferente.

Mil bicos a todos e a todas e grazas por seguirdes aí!

Gozade desta semana!💋💋💋💋