Básicos cun toque punk

Boa noite! Como vai ese outono? Por Betanzos moi movido… tanto que levaba un montón de tempo sen pasar por aquí! Ultimamente ando ás voltas con demasiadas cousas e non teño tempo para tirar unas fotiños dos estilismos de outono que tanto me gustan! Mais hoxe estou de volta cunha proposta tan básica como estilosa e que adoro porque os noventa regresan ás coleccións e eu non podo estar máis contenta.


Os outfits cun punto punk e grunge están de volta, así que podo dicir que retrocedo quince anos atrás para recuperar os meus estilismos máis recorrentes. 
 O abrigo de cadros é de Primark, e o certo é que non pensei  tirarlle tanto partido mais finalmente adoro esta prenda! Combineino cunha saia rachada de Pull&Bear, xersei básico de H&M e mochila peluda de Stradivarius. As botas son de Creeks e merqueinas en Merkal, e, finalmente, os pendentes son de C&A.

Este tipo de botas son perfectas para o inverno galego e, polo visto, xa non as imos poder quitar de enriba! A choiva chegou para quedar e mentiría se non dixese que estou contenta porque non hai nada máis galego que a choiva! ;P



Agardo que vos guste este estilismo revival que nos devolve aos noventa! Un bico ben grande e que teñades unha moi feliz semana!

Silvia

Publicacións populares