A cazadora de moda: a bómber


Adoraba estas cazadoras cando era adolescente, polo que a súa volta ás tendas foi unha moi boa nova! Certo é que daquela tiñan un punto máis transgresor e o desfile polas pasarelas das últimas tempadas deu como resultado unha maior socialización e agora están por todas partes; mais tamén isto foi o que fixo que me decidise por un modelo máis clásico, en negro, que destaca pola mensaxe das costas que lle outorga un punto diferente.




Esta cazadora de Bershka resultaba perfecta para combinar en branco e negro, polo que me decidín por poñela cunha camisa branca básica, un pantalón pitillo negro de Mango e as zapatillas grises de Zara. Unha combinación perfecta para unha proposta casual e actual.








A comodidade non está para nada rifada coas tendencias e un claro exemplo é esta cazadora todoterreo versionada de mil xeitos para adapatarse a cada ocasión, de veludo, con bordados ou mesmo abelorios para a noite e con diferentes cores e estampados perfecta para o día... non hai ocasión que se lle resista!

Mil bicos e que teñades unha feliz semana!

Semana






Publicacións populares