Paxaros de outono


Na Galiza o outono practicamente esta aquí, poderémonos resistir uns días máis, mais as mañás e as noites delátano e obríganos a botar man das chaquetas de novo. Cando chega esta época recoñezo que me adianto e merco prendas de abrigo moi axiña para que logo estean no roupeiro aínda ben tempo, mais este ano decidín que me vou centrar máis na chamada roupa de "entretempo" porque realmente aquí é a que máis adoitamos usar.

A semana pasada dei unha volta polas tendas de Santiago e volvín a Marta Barcala, unha tenda situada en distintas vilas galegas como A Estrada, Santiago ou Ribeira. Xa hai uns meses mercara unha blusa de cadeliños que podedes ver aquí ou aquí e desta volta non me puiden resistir a esta de paxaros con fondo escuro que lle dá un toque moi especial.



A combinación é ben sinxela cando unha prenda é tan bonita! Así que simplemente decidín combinala cos pantalóns rachados de Mango e as sandalias de plataforma de Vagabond.


Canto ao peiteado parece que finalmente caín na moda do half up bump, ou o moño alto coa metade do cabelo, e recoñezo que unha vez que te afás é comodísimo e o certo é que é un peiteado que parece que quita anos de enriba!


E por hoxe máis nada! Agardo que vos guste esta proposta perfecta para este tempo tolo e para a baixada de temperaturas que seica imos padecer nos vindeiros días.

Un bico moi moi grande e grazas por seguirdes aí!

Silvia