Flores de outono

Si, efectivamente adiántome uns cantos días ao outono, mais o certo é que ás mañás e ás noites xa non vai calor ningún e non me resistín a facer a mudanza de tempada no roupeiro porque son das que pensa... para que nos resistir ao inevitable? xD.

Adoro o outfit desta entrada, para que o vou negar! Nada máis vin este vestido en H&M namorei del e aínda que nun principio pensei que ía ser difícil combinalo neste tempo, coido que finalmente resultou unha proposta ben cómoda, moderna e diferente.


                                         
                                         

O vestido reúne varias das tendencias deste outono, o estampado de flores e mais os volantes. A pegada do estilo oriental tamén é innegable e quizais unha das características máis bonitas da peza. O longo é ideal porque estiliza e é cómodo para calquera ocasión, e, a verdade, en función dos complementos pode resultar perfecto para un plan informal de tarde ou mesmo para ir de festa pola noite.

                              

Non podo negar que o estampado é marabilloso e unhas das características que me atraeu ao momento!


Combineino cunha chaqueta de ante tamén de H&M e botíns en serraxe marrón de Creeks. Creeks é unha marca de calzado feito en España que comercializa Merkal e que me encanta, non só polos deseños, que adoitan ser modernos e prácticos, senón tamén pola súa calidade e durabilidade.

                                 
                          
    

Finalmente, e para rematar a proposta, optei polo bolso de Minueto que xa me vistes aquí e que merquei en Miraquélinda.



O certo é que un vestido longo pode parecer un chisco arriscado mais é comodísimo e moi actual, así que vos recomento botar man desta tendencia de cara ao outono que comeza nos vindeiros días!

Agardo que vos gustase a proposta e mil bicos!

Silvia