Camisola de raias

No verán unha camisola ampla de raias sempre é unha boa opción, a tendencia mariñeira nunca pasa de moda e unida ao oversize é unha aposta ben cómoda para calquera viaxe. A proposta de hoxe céntrase na peza de Molly Bracken que xoga con todo o protagonismo do estilismo.

Xa vos teño falado da miña debilidade por esta marca francesa, de feito non puiden evitar darlle unha volta ás prendas de nova tempada e teño varias delas fichadas, mais esta camisola ampla é perfecta porque non só é moi favorecedora e adecuada para o verán senón que segue e reinterpreta a tendencia dos "ombreiros ao ar" dun xeito ideal, cunhas pequenas aberturas nos brazos que sentan fenomenal.
                   

Cando unha das pezas do outfit é tan especial o resto deben ser básicos e cómodos, máis aínda, se, coma neste caso, estamos ante unha proposta para un día de viaxe que non sabes como vai finalizar!

                   

Son tamén moi importantes para esas xornada maratonianas unhas sandalias ben cómodas, por iso este ano non me separei das miñas sandalias elásticas  de BM Berniemev, un calzado todoterreo e divertido a partes iguais que me acompañou en moitas das aventuras do verán!


As fotos de hoxe son en Puerto Banús, en Marbella, un lugar que me encanta, entre outras cousas, porque adoro os barcos, mais tamén me gustaría recomendarvos unha visita ao centro histórico do lugar que paga, e moito, a pena.

Un bico moi grande e agardo que sexa leve a "volta ao cole".

Silvia