Raias de cores

Adoro este vestido de mil cores! Merqueino hai unhas cantas semanas en Muñeca de Trapo, unha pequena tenda de Sanxenxo, que ten prendas ben especiais e que conta xa con dous locais na vila. Recoñezo que me gustan moito as pequenas tendas que hai por aló e que, de cando en vez, cando me achego ao sur na busca de sol non me podo resistir a dar unha volta polos comercios locais! :)


A inspiración da prenda é claramente mexicana mais é que no verán sempre nos permitimos mais concesións, ou non? Vestir é moito máis doado e ao estarmos de vacacións todo é moito máis relaxado... que marabilla!


As prendas de mil cores son a miña debilidade e este vestido reúne, ademais, dúas tendencias, o escote bardot, brigitte ou "off shoulders" e mais os pompóns, que non deixaron de aparecer nas prendas con aire máis estival.





É moi importante cando temos unha peza tan potente restarlle importancia aos complementos e o calzado, de aí que optase por unhas sandalias en ante beis mais cuns flocos que complementan o movemento dun vestido tan colorido.

Un bico ben grande e que pasedes unhas felices vacacións! ;)

Silvia

Publicacións populares