Pichi & camisa de cadeliños

O pichi é tendencia total, e polo que puiden ver, seica o vai seguir sendo na vindeira tempada outono-inverno 2016/2017, así que cando vin este en Mango souben que sería perfecto para o verán, mais que tamén no outono lle podería tirar rendemento con prendas máis abrigosiñas.


A combinación dun pichi negro é ben doada... vai ben con todo! O certo é que no verán galego non sempre nos podemos permitir tal, mais a min encantaríame poñelo cunha camisola sen mangas branca básica ou mesmo con algún deseño orixinal, mais cando vai chegando a tardiña xa vai un pouco de fresco e de aí que me decidise por combinar o pichi coa blusa de cadeliños de Marta Barcala, unha pequena tenda santiaguesa, que lle dá un punto ben orixinal e divertido á proposta.

                         







O bolso de Kling tamén se converteu xa nun clásico para os outfits máis atrevidos... e as miñas adoradas Ray-Ban Clubaround non poden faltan nas propostas de verán!







Esta proposta é perfecta para o día a día e de cambiarmos a camisa e o calzado mesmo coido que sería moi atinada para as saídas nocturnas, iso xa vai no gusto de cada quen!

Agardo que os gustase e un bico moi moi grande!

Silvia

Publicacións populares