O coiro tamén é para o verán

Adoro as prendas de coiro, polipel ou similares, teñen un punto moi punk-rock polo que devezo e que que me define á perfección. A fin de contas, coa roupa, as propostas e os estilismos, o que facemos é amosarlle ao mundo como somos, e, como resultado, como nos vemos. A saia de hoxe é de Celane Moda e xa ten un tempiño mais o mesmo a levo no inverno, que no verán, como podedes ver! Hoxe combineina cun xersei básico gris de Lefties, sandalias de coiro de Vagabond e mais mochila de Parfois con pompón de Primark.


 O cinto, un dos meus favoritos, merqueino no San Froilán do ano pasado e xa mo puidestes ver aquí. A cadea é unha prezada xoia familiar, e os sete pendentes completan o estilismo para darlle un punto aínda máis cañeiro! Fixen hai unha semana máis un furado na orella dereita e o certo é que pensei que non ía doer tanto, non lembraba os feitos na adolescencia tan dolorosos, mais aínda así estou encantada co resultado (non tanto co proceso xD).

 

 Un bico ben grande e que teñades unhas felices festas... que Galiza está en festas!

Silvia