Vestido longo de flores

Ola! Canto tempo sen pasar por aquí! Se é que no verán todo é andar de aquí para aló e non hai tempo a nada! Iso si, é unha marabilla estrearmos as prendas que xa levan un tempiño no roupeiro mais que o tempo non nos permitira levar de paseo, non si? 

O vestido desta proposta é de Only e merqueino en Triscos Betanzos. É perfecto para o verán e ten uns detalles moi bonitos, como o detalle das costas. O estampado é ideal e aínda que nun principio me gustaba máis a versión en branco vin que lle ía tirar máis proveito á "versión" con fondo en negro.






Cun vestido así e cuns días tan calorosos como os que tiven hai dúas semanas en Madrid non precisaba nada máis, e aínda que levei unha chaquetiña axiña me decatei de que ese tipo de prendas só fan falla no verán galego xD.

As sandalias son un básico de ante en beis que merquei en Merkal xa o ano pasado e o colar é unha lembranza familiar con moito significado para min. Cos anos recoñezo que me estou volvendo un pouco "sentimental" e cada vez me gustan máis os complementos con significado e que teñan unha historia.




No verán un vestido fresquiño é unha opción perfecta para os días de paseos interminables e se é longo aínda moito mellor, comodidade e tendencia en estado puro!

Agardo que vos gustase a proposta e que esteades a desfrutar dos outfits do verán!

Un bico ben grande!

Silvia

Publicacións populares