Escote bardot + maxicolar

O verán pasado o escote bardot  ou "off shoulders" irrompeu con forza. De feito, a camisa que hoxe vedes cos ombreiros ao ar é en realidade o vestido de Asos co que o ano pasado vos propoñía a nova tendencia, mais decidín darlle unha volta e cun simple nó na cintura dá lugar unha nova prenda, que ademais de cómoda e fresquiña é moi combinable!


Esta proposta é perfecta para o verán e os vaqueiros curtos e rachados de Primark danlle un punto casual perfecto para calquera ocasión de día. O maxicolar de Glamour, unha tenda que hai tanto en Betanzos coma en Sada completa un estilismo perfecto tanto para o día como para a noite.







Canto ás sandalias, son unhas básicas de ante en beis e con flocos de Deichmann que coido que completan o outfit á perfección! A vós que vos parece? Tamén adoitades darlle unha volta a algunhas prendas e utilizalas de xeito diferente? Agardo que vos gustase o estilismo e grazas por seguirdes do outro lado!




Un bico ben grande!

Silvia