Chaleque customizado

Son varias xa as ocasións en que vistes o chaleque vaqueiro de Pull&Bear, mais este ano deille unha volta e optei por customizalo cun parche de Chispas Celtas, unha pequena tenda da Coruña, e o resultado ficou perfecto!

Chispas Celtas é un clásico para todo o alternativo na cidade da Coruña; eu merco alí desde aproxidamente os quince anos, mais o certo é que me sorprendeu a colección de parches que teñen e que vos recomendo visitar se tendes ganas de personalizar algunha prenda.
Sempre digo que cando unha prenda é tan especial hai que darlle todo o protagonismo, así que agora que o meu chaleque favorito está personalizado opto por non combinalo con cores chamativas nin estampados estridentes. Desta volta, por exemplo, combineino cuns pantalóns rachados de Mango, camisa branca básica de Stradivarius e zapatillas grises de Zara.
Canto aos complementes optei polas seis boliñas en prata para os pendentes e o colar axustado de veludo de Asos que é plena tendencia. As trincas para recoller o pelo resúltanme super cómodas para o verán... de aí que ultimamente me vexades tanto con elas!
E hoxe até aquí! Anímovos a personalizar as prendas porque non só o resultado é xenial senón que lle dá un punto diferente a calquera peza que fará que ninguén máis teña unha igual, que coido que nestes tempos é algo que agradecemos!

Un bico moi grande e que teñades un moi feliz mes de agosto!

Publicacións populares