Prenda básica do verán: o pantalón curto en todas as súas versións

Se hai unha prenda que caracteriza os meus veráns desde as primeiras raiolas do sol son os pantalóns curtos, sempre son unha peza básica dos estilismos máis informais mais hoxe deille unha volta para demostrar que tamén poden ter un punto formal con diferentes combinacións.
Estes pantalóns brancos curtos son de Primark e son comodísimos! Canto ao longo é perfecto, porque se ben é certo que esta prenda moito me gusta tampouco me sinto cómoda se son excesivamente curtos, mais estes que levo hoxe coido que teñen o longo ideal.
O bo da cor branca é que combina con todo e dá moitísimas luz. Combinei o pantalón cunha camisa básica de raias en azul bebé de Zara e mais o chaleque longo de Berskha que xa é da tempada pasada.

A mochila de mil cores e o colar son de Asos, as sandalias de plataforma con glitter de Diechmann e as lentes de sol de Rayban, o modelo Clubaround, que xa me vistes noutras ocasións.


Hoxe deille unha volta a unha proposta que podería parecer informar mais da que resulta un outfit do máis apropiado para calquera plan dun día caloroso.

Agardo que vos gustase!

Un bico ben grande!

Silvia



Publicacións populares