Vestido longo en branco e negro cuns detalles moi especiais

Adoro os vestidos longos, de feito no verán tírolles moito proveito porque son moi cómodos. Segundo pasan os anos, recoñezo que son menos proclive aos vestidos e saias curtas mais coido que por unha cuestión de comodidade para o día a día, máis que por outra cousa. Este vestido branco e negro é de C&A, é de punto e por iso é perfecto para o día o día pola súa lixeireza.



Decidín combinalo cunha camisa vaqueira básica de Mango porque o tempo aínda non permite ir sen mangas, e que mellor que unhas botas de ante en beis de Marypaz para completar este outfit informal e perfecto para unha fin de semana, de primavera e con choiva, como non podía ser doutro xeito por aquí! ;P.



É posible que os detalles sexan o que máis me gusta desta proposta. A comezar polas lentes, un complemento moi especial para min, porque meu pai foi quen as mercou en Suíza, cando estaba emigrando, hai como corenta anos e aínda me lembro de velo con elas hai anos, e a seguir polo anel, que é da miña nai e que me encanta agora que volven as xoias minimal.


A aposta polos vestidos longos pode considerarse un chisco arriscada mais eu coido que dá un punto de estilo e é perfecta para a primavera e tamén para aquelas ás que non lles gusta ensinar moito as pernas mais non queren renunciar aos vestidos, non vos parece?

Vémonos no próximo estilismo! Grazas por seguirdes por aquí!

Un bico moi moi grande!

Silvia

Publicacións populares