Tendencia: vaqueiros con parches

Os parches están de plena tendencia! De botarmos unha ollada polas tendas veremos que aparecen en todo tipo de prendas, especialmente nas vaqueiras e naquelas que teñen un ar militar e de camuflaxe. Hai ben anos que adoro esta moda mais agora témola ao alcance da man sen termos que customizar cada prenda, por iso cando vin este pantalón con parches souben que ía ser perfecto para min.









Os parches, especialmente nas prendas vaqueiras, danlle un aire xuvenill, desenfadado e divertido a calquera estilismo. Estes vaqueiros tipo "mamá" son de Pull&Bear. Combinei os vaqueiros cun suadoiro curto en rosa bebé de H&M e non puiden deixar de lado as botas de plataforma porque en Galiza non para de chover!






 A mochila é outra das pezas chave do estilismo, con estampado holográfico e mil cores, é de Asos e de seguro que vai ser un dos meus complementos preferidos do verán! Engadinlle un chaveiro dourado con forma de piña ;P.








De seguro que os parches son unha tendencia tan amada como odiada, e o certo é que se queredes que unha prenda sexa especial é ben doado customizala e personalizala con parches, así que... xa sabedes!

Un bico ben grande e que teñades boa semana!!!!!

Silvia

Publicacións populares