Tendencia: camisa longa

Ola! Como vai ese luns? O meu ben animado porque parece que a chegada inminente do verán alegra a calquera, non si? Pois a proposta de hoxe ten como peza principal unha camisa longa e con aberturas aos lados que é plena tendencia. Teño que recoñecer que cando hai uns meses comecei a velas non me fixeron moita graza mais agora que chega o verán véxolles moitas máis posibilidades para os outfit fresquiños que queres complementar con algunha peza de moda. De feito, coido que ha de ficar fenomenal cuns patalóns curtos ou shorts e unha camisola básica para calquera plan informal de verán.
                        

Hoxe, e xa que o tempo aínda non permite irmos máis "destapadas", combinei esta camisa longa de raias cun pantalón axustado negro básico de Mango e mais unha camisola de punto en cor granate de H&M. A camisa longa, por certo, é dunha pequena tenda do centro de Santiago da que non lembro o nome, mais si que está perto da de Marta Barcala (que cabeza a miña ;P).


Combinei  a proposta coas zapatillas brancas e douradas de Mustang, o bolso con chatolas de Parfois e mais chaveiro de Outfit Betanzos. As lentes de sol son de Uterque e os aros de diferentes medidas de Asos.



A camisa de raias nun tecido fluído, coma este, é perfecta para a primavera; se a isto lle unimos o punto de tendencia co longo e as aberturas teremos como resultado un estilismo moderno, actual e cómodo perfecto para darlle un punto diferente a calquera outfit informal.

Mil bicos e ata o próximo estilismo!

Silvia