Propostas primaverais

A pesar de que o tempo non está de acordo co calendario algunhas estamos doentes por cambiar a estación no roupeiro, así que basta que saia unha raiola de sol para nos aproveitar das novas tendencias! Hoxe decidín combinar a bomber de cor salmón cun bolso moi especial de Minueto que merque en Miraquélinda, unha tenda betanceira que vos recomendo visitar.


A bomber é a chaqueta da tempada e, sen dúbida, eu estou encantada! Esta de seda e acolchada é perfecta. Resulta ideal para estilismos máis relaxados e mesmo moi atinada para a noite se a combinamos cun vestido básico negro para lle dar un contrapunto actual e moderno.






Canto ao pantalón branco e rachado é un básico total para as propostas máis comodas, este é da liña "comfy jeans" de Mango e combineino cunha blusa con estampado gráfico e de cadeliños que merquei en Marta Barcala, en Santiago de Compostela. O resto dos detalles son as zapatillas básicas de Zara, un cinto branco de Suiteblanco e os pendentes de H&M. Como vedes a xoiaría "minimal" é tendencia e cantas máis pezas mellor!






A proposta primaveral de hoxe conta cun elemento de plena tendencia, a bomber, e con dúas pezas moi especiais que son o bolso e a blusa, realmente estas dúas últimas son as que dan lugar a un estilismo divertido, alegre e cun contrapunto infantil que lle quita anos a calquera!

Agardo que vos guste e que teñades unha semana estupenda.


Un bico ben grande ;).

Publicacións populares