Camisa masculina

Cando atopas unha prenda que adoras non hai moito que pensar... si que probar, porque eu son sempre partidaria de probar todo e hai que recoñecer que, ás veces, algo que adoras, unha vez posto decepciona moito... mais este non foi o caso!.



O outro día fun de compras co meu mozo, e cando é así, xa que el non ten moito tempo, non hai paradas nas seccións femininas das tendas mais... que lle vou facer eu se ata na roupa de home atopo cousas que me gustan! Recoñezo que me vai ao xeito o andróxino e mesmo tento reinterpretar prendas masculinas ou estilismos de home nalgunhas ocasións, por iso cando vin esta camisa masculina longa de H&M souben que tiña que ser miña. A idea era poñela ben cun cinto se quixese marcar cintura ou mesmo solta para estilismos máis fresquiños na primavera. O caso é que estampado gráfico sempre foi un dos meus favoritos e se lle sumo a combinación de branco e negro o resultado é unha prenda perfecta para un estilismo informal de diario.



O resto pouco máis ten que dicir! Os zapatos en branco e negro tipo oxford de Primark non só son comodísimos senón que combinan á perfección nesta ocasión e optei polo abrigo vermello de Zara para lle dar un punto de cor ao outfit. A mochila tamén é nova, é de Parfois  e é un básico total, a estas alturas xa sabedes que as mochilas son os "novos bolsos", eu xa hai un dous anos que recuperei este complemento da mocidade e desde entón non me separo del. 





O certo é que a proposta de hoxe é ben asequible se temos en conta que a camisa custou tres euros e os zapatos quince! Tamén é certo hai que ver posibles estilismos en calquera lugar porque ás veces mesmo é case aburrido ir ás tendas e que todo che veña feito polos manequíns.. ou non?


Mil bicos a tod@s!

Silvia

Publicacións populares