Amarelo

O amarelo sempre volve para o verán! Se ben é certo que seica é unha das tendencias para este verán 2016, eu coido que é un conto ;P porque nunca deixou de ser tendencia se o que queres é non pasar desapercibida e alegrar calquera estilismo.




A peza perfecta para destacar nun estilismo monocromático en negro é esta cazadora de Zara, unha perfecta de coiro que é, como o seu propio nome di, perfecta!

                   
   

               

                       

                       

                        

O resto do estilismo é do máis básico, camisa negra e pantalón negro rachado que combinei coas zapatillas, os calcetíns e mais o pano en gris.






Os detalles do estilismo son un bolso negro básico da miña nai cunha fibela dourada, unhas lentes con montura cadrada en branco con efecto mármore de Uterqüe e mais os pendentes en negro de C&A.




Cazadora amarela de Zara 
Camisa negra de Zara
Pantalóns rachados de H&M
Zapatillas grises de Zara
Bolso "da casa"
Lentes de sol de Uterqüe
Pendentes de C&A
Aneis de Parfois 
Pano gris de C&A

Completo o look co peiteado. A permanente volve para esta primavera e eu caín á primeira de cambio! O certo é que é comodísima e sensacional para as que non nos gusta botar moito tempo co peite. Eu púxena na Perrucaría Xabela de Betanzos e recoñezo que estou encantada, e cando chegue o tempo da praia de seguro que moito máis.

Canto ao estilismo, recoñezo que o adoro. Este tipo de cazadoras danlle un punto moi cañeiro e actual a calquera proposta e consiguen que atines en todo momento! Agardo que a vós tamén vos gustase! Xa me comentaredes ;).

Un bico ben grande e grazas por seguirdes aí! :) :) :)

Silvia